top of page

A OLLADA DE GUSTAV

PROXECTO MULTIDISCIPLINAR QUE CONXUGA PASADO E PRESENTE

Un proxecto de artes e tradición subvencionado na convocatoria para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia  a través da resolución do 3 de maio de 2022 da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

CARTEL AODG_INSTA-2.jpg
AODG CADRO RESUMO V4-2.jpg
MAPA AODG_INSTA-2.jpg

Gustav Henningsen visitou Galicia en 1965 enviado por Julio Caro Baroja para facer un estudo etnográfico sobre as crenzas encol da bruxaría no noso país. Durante os seguintes vinte meses, este investigador desenvolveu un intenso traballo de campo por todo o país e no occidente de Asturias, deténdose de xeito especial nas terras de Ordes.

A recollida fotográfica e gravacións do antropólogo danés nos anos sesenta é unha das máis reveladoras intervencións feitas sobre o noso acervo cultural .

De aí que vexamos como necesaria estas diferentes accións para pór en valor esta identidade e tradición.

A OLLADA DE GUSTAV Unha acción transversal facilitadora para  que as poboacións pequenas poidan desfrutar de actividades que as poñan en valor. Unha xeración de sinerxias que aglutinan diferentes creadores , divulgadoras, así como artistas que exploran o seu amor por Galicia en todos os seus actos.

ESCENA

RPUI cartel INSTAGRAM.jpg

Relato para un incendio de Ernesto Is parte de dous sucesos verídicos: 

- Os estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen durante a década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxería en Galicia

- Os incendios provocados por unha veciña no verán de 2016. 

Todo umbricado co cinema de C. T. Dreyer, procurando unha conexión temática coa nosa identidade como país 

FOTOGRAFÍA

"COREOGRAFÍAS DO FACER: Imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen"

Comisariada polo MUSEO DO POBO GALEGO

IMG_7833.jpg
IMG_7831.jpg
IMG_7792.jpg

TRADICIÓN

IMG_9251.jpg

"Bruxas, fadas e muller na literatura oral galega"

Charla divulgativa impartida por CAMIÑO NOIA

IMG_8014.jpg

"Etnomedicina e tradicións populares "

Charla e vieiro polos espazos do concello guiado por María das Herbas (MARÍA MOURE)

MÚSICA

Obradoiro de Regueifa  impartido por Lupe Blanco co obxectivo de inferir o interese por esta tradición musical no alunado de secundaria

IMG_8263.jpg

Seráns coordinados pola A.C.RAIGAÑAS interpretando cancións das recollidas de Gustav Henningsen e permitindo a aparición de coplas da tradición de cada lugar

bottom of page