COSTA DA MORTE: NAUFRAXIOS

aAntena co apoio da Deputación da Coruña expande o seu proxecto  "Naufraxios"  por vilas da Costa da Morte.

 

Un espectáculo dramático e poético onde se busca honrar a persoas que marcharon e inducir unha experiencia innovadora aos espectadores. O espectador entra nun lugar visitado, mais mudado para o día cunha nova iluminación que permita ir vendo , entre sombras, o que acontece nese mundo sen tempo que se presenta.

A proposta escénica baséase na procura de facer camiñar e visitar dun xeito diferente un enclave básico para o turismo da zona, xerando unha acción de turismo experiencial que axude a dar máis profundidade ao noso patrimonio invisible.

Dirección | XOSÉ LEIS                          Produción | BERNARDINO MARTÍNEZ

Espectáculo co apoio de