top of page

QUEN SOMOS

Bernardino Martínez e Xosé Leis xuntan os seus camiños e esforzos creando aAntena no ano 2016.

​

aAntena nace coa misión de escoitar e atender esas pequenas historias que fan grande a nosa realidade humana.

​

aAntena expón como principio atender á nosa sociedade e á nosa historia para expoñela diante dos ollos da audiencia.

​

aAntena pretende escoitar e falar para todas as idades .

​

aAntena sempre busca inferir a súa mirada de cor lila e de sostibilidade en todos os seus proxectos.

​

O compromiso social e histórico dos compoñentes así como a procura da xeración de atmosferas e novas realidades en escena é o desencadeante do xerme do camiño de aAntena.

BERNARDINO MARTINEZ

​

Pedagogo, produtor, autor teatral camariñán quen busca nas súas raigames as claves para ver o presente.

​

Un creador que ve sempre alén dos espazos naturais que visita.

XOSÉ LEIS

​

Actor, director, pedagogo teatral coruñés que camiña na procura dunha verdade e sinceridade artística coa que comunicar coa audiencia.

​

Un creador que na fantasía sempre busca un pouso realista.

  • w-facebook
  • Twitter Clean
  • w-googleplus
bottom of page