NOITE DE NAUFRAXIOS
aAntena partiu dun lugar e un entorno “máxico” para dar inicio a este espectáculo. Naufraxios é un espectáculo dramático e poético onde se busca honrar a persoas que marcharon e inducir unha experiencia innovadora aos espectadores. O espectador entra nun lugar visitado, mais mudado para o día cunha nova iluminación que permita ir vendo , entre sombras, o que acontece nese mundo sen tempo que se presenta.
En diferentes puntos da localización preséntanse escenas de un ou dous personaxes, xogando coa luz tenue, a video proxección, a música en directo, para xerar unha atmosfera de soño e de outra realidade.
A proposta escénica baséase na procura de facer camiñar e visitar dun xeito diferente un enclave básico para o turismo da zona, xerando unha acción de turismo experiencial que axude a dar máis profundidade ao noso patrimonio invisible.
Dirección | XOSÉ LEIS Produción | BERNARDINO MARTÍNEZ
Estrea : Cemiterio dos Ingleses (Camariñas) 15/08/2015