NOITE DE SOLPOR

Mouras, meigas e homes celebran o cambio de estación.

 

Espectáculo dinámico e en movemento baseado a recreación de ritos e lendas galegas propias do solsticio do verán.

Actrices e actores, malabaristas, animais en escena, lume  e elementos sorpresa conseguen atrapar e achegar este mundo , a piques de se perder do noso, aos espectadores, desde os pícaros aos máis maduros.