M.A.N. Mar Arte Naufraxios
MarArteNaufraxios, acróstico de MAN, o alemán de Camelle, coñecido polo museo instalado na costa de Camelle durante máis de 40 anos, a súa vida illada e solitaria. Tras a súa morte, a raíz da catástrofe do Prestige, a súa figura foi recoñecida internacionalmente. Converténdose nun símbolo de integración coa natureza.
Na creación das figuras escultóricas do seu museo empregaba basicamente a pedra, aínda que cada vez máis nos derradeiros anos empezou a utilizar as crebas que depositaba o mar o longo da costa, xunto con materiais modernos como as columnas de ferro ou elementos electrónicos como televisores, radios, pezas de coche, restos de redes de artes menores, etc.. Elaborando esculturas cunha certa plasticidade e crítica o mundo actual e consumista.
Un proxecto de artes, memoria e medioambiente apoiado polos Fondos Europeos Next Generation. Desenvolverase a totalidade de actividades en Cabana, Carnota, Dumbría, Laxe, Muxía; a exposición viaxará tamén a Agoncillo, Buitrago de Lozoya, Molinos e Vegadeo.
PROGRAMACIÓN
CINEMA DE VERÁN
As proxeccións documentais, coa presenza dxs creadorxs, realizarase ao aire libre na contorna de espazos do patrimonio inmoble denominados Ben de Interese Cultural:
- Torres do Allo no Concello de Zas
- Dolmen de Dombate no Concello de Cabana de Bergantiños
- Os penedos de Pasarela e Traba declarado como Paisaxe protexida no ano 2009.
Películas proxectadas : ALEGRÍA - TESOURO DE CORCOESTO - TORREIROS - DERRUBANDO XIGANTES - ILLADOS- COSTA DA MORTE (TERRA, MAR, PASADO E PRESENTE) - CANELIÑAS
FOTOGRAFÍA
PRESTIGE: 20 ANOS
Unha escolla de 20 fotografías retratadas por Jose Manuel Casal e Ana García fotógrafos de La Voz de Galicia na sección de Carballo. Sendo as primeiras testemuñas da catástrofe do Prestige que marcou a Costa da Morte. Un percorrido polos 10 primeiros días do desastre, cos primeiros instantes do buque, a chegada do fuel a costa e a organización veciñal para extraer o fuel coas súas propias mans, Man é a súa morte.
Concellos Galegos: CARNOTA , DUMBRÍA, LAXE , ZAS
Concellos de fóra: AGONCILLO, MOLINOS, VEGADEO, VILLAFRANCA
MÚSICA
CANTOS DE TABERNA
No século pasado, nas tabernas e tascas de toda Galicia reuníanse cuadrillas de amigos que non só tomaban os seus viños senón que se botaban unha canción de cando en vez. Tanto, que nas escolas de música considérase un xénero en si mesmo. Hoxe en día, aínda podes atopar a algún que outro espontáneo.
Acción coordinada por Lupe Blanco Premio Mellor Regueifeira 2023
En: CABANA,CARNOTA ,DUMBRÍA, LAXE, MUXÍA, ZAS
OBRADOIROS
ARTE E EMOCIÓNS (LAND ART )
Obradoiros de creación artística nos que dar renda solta á capacidade creadora a través da expresión artística, no medio da natureza.
Impartidos por Rebeca Ponte (Colectivo Ribeiro Land Art)
En: CABANA,CARNOTA ,DUMBRÍA, LAXE, MUXÍA, ZAS
PEGADAS DE MAN
Obradoiros de promoción artística e cultural realizados polo colectivo Mar de Fábula na súa sede en Camelle para escolares de primaria da Costa da Morte e das cidades (A Coruña e Santiago).
Os obradoiros realízanse coas crebas do mar para desenvolvemento artístico do alumnado
Impartidos por Virxinia Barros López (Presidenta da Asociación Mar de Fábula)
En: CABANA,CARNOTA ,DUMBRÍA, LAXE, MUXÍA, ZAS
ESCENA
NAUFRAXIOS
Trátase dunha acción artística multidisciplinar (teatro + música en directo) con recollida antropolóxica (cancións e temáticas) nun espazo ou ben patrimonial (as localizacións serán faros, praias,…)
Os mortos voltan á vida para nos contaren que foi o que lles pasou, eles viven nun lugar sen tempo, mais saben que ese lugar os ten atrapados.
Os espectadores asisten a unha sucesión de escenas nun espazo singular, inmersos polos sons naturais así como os aromas propios de zonas achegadas ao mar.
En: CABANA,CARNOTA ,DUMBRÍA, LAXE, MUXÍA (2)